Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O arrecife de coral 978-84-9995-359-5 15,35 € Tradución: María Reimóndez. Peixes de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... son estes todos animais que viven no arrecife de coral. As mornas augas tropicais garanten o alimento e as fendas dos arrecifes, un acubillo perfecto. Mergúllate no mar e explora os recunchos do arrecife de coral. Bota unha ollada nas físgoas e descubre onde se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nos furados das árbores 978-84-9995-349-6 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Por tobos e tobeiras 978-84-9995-348-9 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O espazo 978-84-9995-271-0 11,05 € Un libro documental lúdico, claro e atractivo para responder as cuestións das crianzas. Ven axiña descubrir comigo o espazo. Comprobarás que isto é verdadeiramente apaixonante. Ano: 2018Nº de páxinas: 30ISBN: 9788499952710Ilustración: Deheeger, Jean-Sébastien Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Os castelos 978-84-9995-186-7 11,05 € As nenas e os nenos descubrirán coa axuda do porco Antón a sorprendente e, ao tempo, fascinante vida da época do castelos: as construcións, a vida do dono e da súa familia, os traballos e os gremios relacionados, os xogos infantís, as diversións dos cabaleiros e, o peor, as guerras. Ano: 2017Nº de páxinas: 32ISBN: 978-84-9995-186-7Ilustración: Riffard,... Engadir á cesta