Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017) 978-84-9995-287-1 12,10 € Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola. Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Miña querida Sherezade 978-84-9995-144-7 14,20 € Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O segredo do lagarto arnal 978-84-9995-048-8 14,35 € Despois de dársenos a coñecer coa súa primeira novela, Violeta tamurana, gañadora do IV Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2010, Andrea Maceiras sorpréndenos de novo cunha obra que procura, tamén nesta ocasión, romper cos tabús e achegarnos a unha realidade vista aínda co receo pola sociedade. Ano: 2012Nº de páxinas: 128ISBN:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Violeta tamurana 978-84-92630-85-1 14,65 € Novela gañadora do IV Premio Meiga Moira de literatura infantil e xuvenil (2010). As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O meniño Nito 978-84-92630-03-5 13,25 € Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. INCLÚE DVD. Ano: 2009 Nº de páxinas: 32 ISBN: 978-84-92630-03-5 Ilustración: Romero, Macus Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Xiz de cor 978-84-96128-68-2 11,05 € Poemario infantil ilustrado de fácil lectura e comprensión. Expresión poética e plástica conflúen nesta obra que dá título á colección. Ano: 2004 Nº de páxinas: 32 ISBN: 978-84-96128-68-2 Ilustración: Riestra, Mariana Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil No cubil da lúa 978-84-92630-30-1 13,25 € 14 poemas que, coa sabedoría que nos ten acostumada o poeta mariñán Xoán Neira, achegan a nenas e nenos 14 animais que viven en liberdade baixo o amparo da lúa, descritos con fermosas e evocadoras figuras que describen poeticamente os seus singulares trazos. Ano: 2009 Nº de páxinas: 30 ISBN: 978-84-92630-30-1 Ilustración: Darién, Juan Engadir á cesta