Infantil-Xuvenil O segredo de Caaveiro 978-84-9995-387-8 18,55 € Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos? Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O castiñeiro do Apalpador 978-84-9995-234-5 10,40 € Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender cada fin de ano con pequenos agasallos? Descúbreo nesta intrigante historia dramatizada e magnificamente ilustrada a toda cor. Ano: 2017Nº de páxinas: 30ISBN: 978-84-9995-234-5 Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tartaruga 978-84-96526-94-5 11,05 € Tartaruga proponos a súa filosofía de vida fronte a velocidade da sociedade industrializada (deshumanizada) actual. Ano: 2007 Nº de páxinas: 36 ISBN: 978-84-96526-94-5 Ilustración: Marín Formoso, Xaquín (Xaquín Bieito Marín Formoso) Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Tío Miseria 978-84-96893-41-2 13,25 € Adaptación dunha obra para monicreques, narra as aventuras e desventuras de Tío Miseria e a súa relación co ceo e o inferno. Ano: 2008 Nº de páxinas: 36 ISBN: 978-84-96893-41-2 Ilustración: Vilariño, Inacio e Calvo Ulloa, Miguel Engadir á cesta