Infantil-Xuvenil Tres en raia 978-84-9995-385-4 16,70 € Tres en raia é a metáfora que tres mozos ourensáns utilizan para selar unha amizade que se propoñen perpetuar no futuro. É o relato dun tempo feliz en Ourense, de aprendizaxe á vida, de lecturas en común que permanecen no seu recordo e que co tempo se relacionan cos seus particulares devires existenciais. Tamén un relato dunha evolución vital na que a... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A xacia Luviñas 978-84-9995-217-8 9,40 € A xacia Luviñas trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Dá a coñecer tamén as embarcacións tradicionais máis empregadas nos labores diarios no río Miño. A xacia Luviñas en Trafegando Ronseis. Ano: 2017Nº de páxinas: 25ISBN: 978-84-9995-217-8Ilustración: Ouro, Cristina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Caramulo e a carpinteira dos soños 978-84-9995-218-5 9,40 € Caramulo e a carpinteira dos soños trátase dun libro que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena, mais tamén ás nais e aos pais. Pódese considerar unha homenaxe á sabedoría das persoas que construían os xoguetes populares, representadas no vello Xepeto. Ano: 2017Nº de páxinas: 25ISBN: 978-84-9995-218-5Ilustración: Ouro, Cristina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O meniño Nito 978-84-92630-03-5 13,25 € Os homes choran ou non choran? Ese é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas. INCLÚE DVD. Ano: 2009 Nº de páxinas: 32 ISBN: 978-84-92630-03-5 Ilustración: Romero, Macus Engadir á cesta