Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nos furados das árbores 978-84-9995-349-6 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Por tobos e tobeiras 978-84-9995-348-9 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A banda de Raimunda 978-84-9995-317-5 14,35 € A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar a guitarra e cantar cancións que movan a xente á alegría, pero non sabe tocar e da súa gorxa só bule «croa, croa, croa». Coa axuda do oso Afonso e a súa batería, do mono de cor violeta Farruco e o seu piano, do caracol Sibemol e o seu saxofón, do esquío Uxío e o seu contrabaixo e do... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Fadita fosca! 978-84-9995-074-7 8,30 € O avoíño de Saleta ten unha teima. Acabar con todas as malditas moscas que enchen a casa cando chega a calor. Saleta decide axudalo. Pero cazar moscas non é cousa doada. E á avoíña o resultado non lle convence nada nadiña. Ano: 2013Nº de páxinas: 48ISBN: 978-84-9995-074-7Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Xurxiño quere ser... 978-84-92630-44-8 8,30 € Todo o mundo lle pregunta a Xurxiño que quere ser de maior. E todo o mundo dá unha resposta antes de escoitar o que el pensa. Pero, cando por fin el mesmo o sabe, vaia sorpresa terán seus pais! Ano: 2010Nº de páxinas: 56ISBN: 978-84-92630-44-8Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil María é maior 978-84-96893-26-9 13,25 € María xa é maior pero... non lle deixan facer todo o que quere porque se pode magoar ainda que como xa é maior... pode aprender a facer moitas outras cousas. Ano: 2007 Nº de páxinas: 34 ISBN: 978-84-96893-26-9 Ilustración: Tomás, Xosé Engadir á cesta