Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Carballeira Cabana, Paula
Nace en Fene en 1972. Adícase profesionalmente ao teatro e á narración oral desde 1994. Foi convidada aos principais festivais de narración oral tanto nacionais como internacionais.
Participou como actriz e contadora de contos en diversos programas da TVG (“Apaga a luz”, “A noite en branco”, “Pequeno Hotel”, “O rei da comedia”, “Rías Baixas”, “Máxima Audiencia”, “Contando estrelas”, “Pepe o inglés” ou “Libro de Familia”) e ten colaborado na Radio Galega (“Xamón, xamón” e “A taberna da galega”).
Membro da compañía teatral Berrobambán desde 1996, coa que coordinou a programación infantil ASTEROIDE B-612 que se desenvolveu na Sala Nasa de Santiago de Compostela e no Concello de Ferrol. Dirixiu e interpretou a proposta do Centro Dramático Galego para público infantil: “A cabana de Babaiagá” (estreada en marzo do 2006).
Publicacións
Libros de Infantil-Xuvenil
- A casa redonda. Colección cempés. Baía Edicións, 2008.
- Boas Noite. Edicións Xerais, 2007. Premio Manuel María de Literatura Dramática infantil.
- O lobisome. Planeta Oxford, 2007.
- Smara. Kalandraka, 2006. White Raven e Premio Isaac Díaz Pardo.
- Contatrás. Edicións Positivas, 2006.
- A era de Lázaro. Galaxia, 2004.
- O ganso pardo. Edelvives, 2002.
- Correo Urxente. EDB-Rodeira, 2002. trad. ao castelán. Premio Lecturas 2003.
- Paco. Kalandraka, 2000. trad. ao castelán, catalán, euskera, inglés e portugués. Premio Lecturas 2001.
- Mateo. Kalandraka, 1999. trad. ao castelán, catalán, euskera e coreano.
- Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico. Xerais, 1999.
- Olo-iepu-iepu. Galaxia, 1999.
- Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima. EDB-Rodeira, 1996. trad. ao castelán, catalán e euskera.
- Robin e a Boa Xente. EDB-Rodeira, 1993. trad. ao castelán, catalán e euskera.
- A percura. Edicións do Cumio, 1990.
Libros escolares de Lecturas
- Alicia sabe voar. Anaya, 2006.
- O asubío do vento do norte. Anaya, 2006.