Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Cajaraville, Héctor
Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974). Estudou Xornalismo e desenvolveu a súa actividade profesional como responsable de prensa en diferentes entidades e institucións, como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a Universidade de Santiago de Compostela ou o Concello de Santiago, e tamén como redactor nos diarios La Voz de Galicia e De Luns a Venres.
En 2015 gañou o Premio Xerais coa súa primeira novela, De remate, e foi finalista do Premio Merlín de Literatura Infantil con Quen dá a quenda?. Nese mesmo ano a súa obra A caixiña dos rancores (Vidas cruzadas) recibiu o Premio Raíña Lupa de Novela Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña. En 2016 gañou o Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo con Once portas e o Premio Meiga Moira con Denébola a Roxa. En 2018 a súa novela Kusuma obtivo o Premio Merlín de Literatura Infantil.
É o autor da tradución ao galego da novela O gardián invisible, de Dolores Redondo, Premio Planeta 2016. Ademais, participou na redacción do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (2014), na elaboración de libros de texto para o alumnado de Bacharelato e publicou varios traballos académicos sobre lexicografía do mundo do mar, recursos ludolingüísticos na prensa ou análise da linguaxe xornalística. Desde 2018 é profesor de Lingua Galega e Literatura na Educación Secundaria.