Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Chao Rego, Xosé
Nace en Vilalba (Lugo) o 23 de abril de 1932. Empezou os estudios no Seminario de Mondoñedo. Licenciouse en Filosofía en Salamanca. Continuou os estudios en Roma onde se licenciou en Teoloxía no 1956.
Ordénase sacerdote e exerce como Profesor no Seminario de Mondoñedo e posteriormente en Sta. Mariña do Vilar (Ferrol) ata 1976.
No 1978 incorpórase á docencia no Instituto de Vilalba e tres anos máis tarde contrae matrimonio e gaña por oposición a praza de Profesor Agregado de Lingua e Literatura Galegas, que desempeña en Santiago desde 1982 no Instituto Rosalía de Castro.
Chao Rego ten publicados en La Voz de Galicia máis de dous mil artigos. Participou tamén con diversas colaboracións en revistas como Encrucillada, Teima, Sal Térrea, Misión Abierta e outras. En marzo do 2002 foille adicado o Día das Letras Chairegas en Guitiriz coa participación de escritores, profesores e alumnos dos institutos da comarca chairega. Dedicóuselle un número extraordinario da revista Letras Chairegas onde se recollen a biografía e produción escrita.
Publicacións
- Prisciliano, Baía Edicións (2002).
- Itinerario da conciencia galega (2001).
- O relato compostelano (2001).
- Da Ceca para a Meca: diñeiro e profecía (2001).
- Historia do pobo de Xesús (8 tomos, o último aparecido no 2000).
- O sexo, a muller e o crego (2000).
- Prisciliano, profeta contra o poder (1999).
- A condición homosexual (1999).
- O Libro da auga (1995).
- Para comprendermos Galicia (1987).
- Eu renazo galego, Premio da Crítica no 1984 e un dos catro finalistas do Premio Nacional de Literatura.
- Marcel Lefebvre, un integrismo histórico (1977).
- Cristianos por el socialismo (1977).
- La Iglesia en el franquismo (1976).
- La Iglesia que Franco quiso (1976).
- Introdución ao Xénesis (1972).