Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Cervera i Iglesias, Anna Carina

Cervera i Iglesias, Anna Carina

Nace o 30 de xullo de 1967 en Lleida e reside en Lugo. É Licenciada en Filosofía pola Universitat Autònoma de Barcelona (UAB) 1990 e Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) 2004.

Actualmente é Investigadora colaboradora dos Departamentos de Lóxica e Filosofía Moral e de Enxeñaría Agroforestal da USC (2006). Ademais é profesora contratada interina de substitución no Dpto. de “Lóxica e Filosofía Moral” USC (curso 04-05) e profesora do curso de Posgrado da USC “Ética ambiental e Agroecoloxía” (a partir do curso 04-05).

Adquiriu especialización docente de ética ecolóxica, bioética e ecofeminismo. As súas liñas de especialización de investigación son: a Ética ambiental, Agroxeoloxía e desenvolvemento ligado á problemática de xénero.

Publicacións

  • Outro mundo é posíbel: o reino da necesidade de Vandana Shiva. Baía Edicións. A Coruña. 2007.
  • Ecofeminismo. Una Nueva manera de entender la biodiversidad. Comunicación presentada no “VI Congreso Iberoamericano de Ciencia, Tecnología y Género”. Zaragoza. 2006.
  • Exclusión da muller e do feminino e os seus efectos: miseria e degradación ambiental. XXIII Semana Galega de Filosofía “Filosofía e violencias”. Pontevedra. 2006.
  • O mito occidental do progreso e a proposta do ecofeminismo. Curso de Primavera “Perspectivas sobre Oriente e Occidente”. Facultade de Humanidades-USC. Lugo. 2006.
  • En colaboración con Neira, X.: El “agua para todos” y el reto de una nueva ética del agua. Jornadas Técnicas de la SEAE. Toledo. 2005.
  • La filosofía de Barthes y Deleuze sobre la imagen cinematográfica: aportaciones teóricas y aplicaciones prácticas. Tese Doutoramento. USC. 2004.
  • En colaboración con Neira, X.: Agricultura ecológica en el contexto del desarrollo rural. IV Congreso de la SEAE. Córdoba. 2000.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.