Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Estévez Salazar, Felicia

Estévez Salazar, Felicia

Licenciada en Filoloxía Románica pola USC. Comezou a súa andaina como docente no “Circo de los Muchachos” e seguiría ligada ao mundo circense durante case unha década. Actualmente é profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES A. Xelmírez II de Santiago de Compostela e coordinadora do Taller de Saúde que leva funcionando desde o ano 1993 nese mesmo Centro.

Cofundadora da Asociación de Mulleres A Lagoa, creada no barrio de Vite de Compostela en 1989. Pertenceu ao equipo de redacción da revista galega de pensamento feminista, Andaina.

Implicada nos últimos anos en proxectos de solidariedade internacional, sinaladamente no Proxecto Honduras, que leva adiante a escolarización de nenas e nenos de San Marcos de Caiquín, no departamento de Lempira, Honduras.

Publicacións

Coautora de materiais didácticos

  • Actividades de Expresión Oral e Escrita.
  • Actividades de Construción Gramatical.
  • Educar en saúde para previr as drogodependencias.
  • Educando en Igualdade.
  • A experiencia de educar para a saúde na escola.
  • Concepción Arenal: Unha muller pioneira.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.