Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Lopo, María

Lopo, María

Nace en Vigo en 1967. Doutora en Literatura Francesa pola Université de Rennes 2 – Haute Bretagne. Exerceu a docencia nesta mesma universidade e na de Santiago de Compostela; actualmente é profesora de lingua francesa no IES Xograr Afonso Gómez (Sarria).

Autora de moi diversos estudos, edicións e traducións, é especialista en literatura francófona contemporánea e ocupouse particularmente da poesía bretoa en lingua francesa. Publicou varios libros, así como ensaios sobre o celtismo literario, as relacións entre literatura e identidade, o surrealismo ou o sexismo na didáctica da lingua e a literatura estranxeiras, intervindo asiduamente en foros, congresos ou xornadas especializadas. Traduciu ao galego poemas de Rimbaud, Anjela Duval, Joyce Mansour ou Léo Ferré entre outros, e poesía galega ao francés e ao bretón (en co-tradución). É colaboradora habitual en prensa e revistas divulgativas, sempre en torno a temas literarios.

Como investigadora, interesouse pola presenza e a cultura do exilio republicano en Francia en xeral, e pola figura de María Casares en particular; sobre ela publicou o estudo María Casares. A Galicia cosmopolita e o texto teatral O meu nome é María Casares (Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, n° 11, 2006 e n° 12, 2007).

Publicacións

Libros

  • Cartas no exilio. Retallos da nosa historia. Baía Edicións, 2008.
  • Feminino irregular, 2004.
  • Guillevic et sa Bretagne, 2004.
  • La Galice. Fotografías de Yvon Boëlle, 2002.
  • Fisterra. Fotografías de Bernard Galéron, 1999.

Ensaio e investigación

  • Fillos do exilio, 2008.
  • Las lenguas de Francia en la poesía de José Ángel Valente, 2008.
  • Bretagne comme vibration, 2007.
  • L’Arbre de vie, 2007.
  • José Ángel Valente y Edmond Jabès. Reconocerse en la palabra, 2007.
  • Der Himmel über Berlin (O ceo sobre Berlín) de Wim Wenders, 2007.
  • Eugenio Granell e o surrealismo francés: Breton, Duchamp, Péret, 2007.
  • Amparo Segarra. Alén dos Pireneos, 2006.
  • María Casares. A Galicia cosmopolita, 2006.
  • Sexismo y coeducación: La discriminación genérica en los manuales de lengua francesa, 2005.
  • Amor e celtismo. Da materia de Bretaña aos amores libres, 2005.
  • Guillevic. De terra e de auga, 2004.
  • O capitán galego de André Sernin, 2004.
  • Fernández Granell, Eugenio, 2004.
  • Conciencia e memoria: A guerra civil española na obra poética de Guillevic, 2003.
  • La littérature bretonne de langue française, 2002.
  • O lugar, 2002.
  • Tempo da palabra, 2002.
  • Mareas célticas, 2002.
  • Langue libre lieu, 2001.
  • Blues e Gospels. Como sentidos por Marguerite Yourcenar, 2001.
  • Paroles dans le noir. L’aventure radiophonique de Samuel Beckett, 2000.
  • Le Déserteur, de Boris Vian a Renaud. A escuma dos días dunha insubmisión, 2000.
  • A lingua francesa na poesía de José Ángel Valente, 2000.
  • Camiñar nas linguas, 1999.
  • Claude Henri Poullain: Hispanismo sen fronteiras, 1999.
  • L’Union libre de André Breton, 1998.
  • Testemuña do celtismo, 1997.
  • Fole e o celtismo, 1997.
  • O bardo: mito político e literario na poesía bretona contemporánea de lingua francesa, 1997.
  • A propósito do concepto de literatura bretona en lingua francesa, 1996.

Creación

  • O meu nome é María Casares, 2007.
  • Sen título / Sin título, 2003.

Tradución

Traducións francés-galego

  • A madreselva de María de Francia, 2007.
  • Magnificat de Guillevic, 2007.
  • O condenado a morte de Jean Genet, 2002.
  • Do Canto por Guillevic, 2000.
  • «La Paimpolaise»: historia dunha canción (en colaboración con Moncho Faílde), 2000.
  • Furor Ferré. Catro cancións de amor de Léo Ferré, 1999.
  • Andrée Chedid, 1998.
  • Joyce Mansour, 1998.
  • A poesía contemporánea en lingua bretona, 1997.
  • Poesía gaélica do século XX, 1997.
  • Lingua e literatura bretonas, 1997.
  • Léo Ferré, 1997.
  • Alquimia do verbo de Arthur Rimbaud, 1996.

Traducións bretón-galego

  • Noite apacible, A chave de ouro, Escuridade de Anjela Duval, 2005.
  • Tres poetas bretóns contemporáneos, 1996.
  • Anjela Duval: poetisa e labrega de Bretaña, 1996.

Traducións galego-francés

  • Voyages à toi de Claudio Rodríguez Fer (en colaboración con Annick Boilève-Guerlet), 2008.
  • La Chevelure (Fragments) de Claudio Rodríguez Fer, 1995.

Traducións galego-bretón

  • Kentoc’h ar vuhez / Antes a vida de Olga Novo (en colaboración con Herve ar Bihan), 2006.
  • Youloù / Intencións de Manuel Antonio (en colaboración con Herve ar Bihan), 2003.
  • Muioc’h kalz eget mil bloaz / Moito máis que mil anos de Claudio Rodríguez Fer (en colaboración con Herve ar Bihan, Alan Botrel e Gwendal Denez), 2000.
  • Klemm ha garm evit Breizh / Laio e cramor pola Bretaña de Manuel María (en colaboración con Herve ar Bihan), 1999.

Traducións francés-castelán

  • Ella (fragmentos) de Guillevic, 2005.
  • Solo tejiendo noche de Yves Prié (en colaboración con Michèle Lefort), 1996.
O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.