Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Mayobre Rodríguez, Purificación
Natural da Coruña. Realiza os primeiros estudos no Instituto Eusebio da Guarda desda cidade. Licenciada en Filosofía pola Universidade Pontificia de Salamanca. Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago.
Profesora de Filosofía da Universidade de Santiago desde o ano 1974 e da Universidade de Vigo desde o ano 1990.
Publicacións
Sobre o pensamento galego
- O krausismo en Galicia e Portugal. Edicións do Castro. A Coruña, 1995.
- Debates ideolóxicos na Compostela do XIX. Ediciós do Castro. A Coruña, 1985.
- A cultura filosófica en Santiago de Compostela. Imprenta Universitaria. Santiago, 1982.
Sobre a teoría feminista (en colaboración con Cristina Caruncho Michinel) Coordinación, prólogo e coautoría
- Luce Irigaray. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2004.
- Novos Dereitos: Igualdade, Diversidade e Disidencia. Tórculo. Santiago, 1998.
- Entre a Igualdade e a Diferencia. Tórculo. Santiago, 1998.
- O Reto do Presente: Feminismo, Ecoloxía, Pacifismo. Edita Facultade de Humanidades de Ourense. Ourense, 1993.
Colabora en numerosas obras colectivas.