Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Sampedro Ojeda, Francisco
Nace na Coruña, 1956. É doutor en Filosofía e Catedrático de Ensino Medio. Autor dun centenar de publicacións entre artigos de prensa, ensaios especializados en filosofía, crítica literaria e teoría política.
Ten publicado traballos sobre autores galegos como Risco, Dieste e Novoneyra. Ten traducido tamén ao galego a numerosos filósofos contemporáneos: G. Labica, A. Badiou, J. Rancière, E. Balibar, etc...
Correspondente en Galicia da revista francesa Multitudes, e membro do consello de redacción da publicación galega de pensamento crítico A Trabe de Ouro, onde publica e traduce con regularidade. Impartiu conferencias en distintas universidades europeas (Lausanne, Poitiers, Bologna...), así como na École Normal Supérieure de París.
Publicacións
- Louis Althusser. Baía Pensamento, Baía Edicións, 2004.
- O espectro segue a roldar, de Slavoj Zizek. Edicións Laiovento, 2004.
- A aristocracia imposible: O discurso político de Nietzsche. Edicións Laiovento, 2001.
- Ideoloxía e distorsión. Edicións Xerais, 1997, premio da Crítica de ensaio.
- Magrite x 3, en colaboración con Alberto González Alegre e Xosé Mª Álvarez Cáccamo. Edicións Laiovento, 1993.
- O existencialismo é un humanismo, de J. P. Sartre. Sotelo Blanco Edicións, 1990.
Artigos
- Psicanálise: filosofía e verdade.
- Non hai que queimar a Sade.
- Os brancos do postmodernismo.
- A temporalidade en Sartre.
- O rexistro do Outro na idea da morte.
- Alain Badiou: Filosofía, Ideoloxía, Suxeito.
- Roland Barthes e a teoría marxista da ideoloxía, etc...