Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Varela Puñal, Ramón
Nace o 18 de febreiro de 1942 en Carballo (A Coruña) e reside en Santiago. Realizou estudios de Humanidades e Filosofía, no Seminario Maior Conciliar de Santiago. É licenciado en teoloxía, pola Universidade Pontificia de Salamanca, especialidade en Liturxia, polo Instituto Superior de Partoral da Universidade Pontificia de Salamanca, en Madrid.
Obtivo a primeira licenza en filosofía, pola Universidade Católica de Lovaina (Bélxica), a primeira Licenza en Organización do Traballo, pola Universidade Católica de Lovaina (Bélxica), a Licenza en Filosofía, pola Universidade de Santiago e a Licenza en Psicoloxía, pola Universidade de Santiago tamén. Realizou cursos de doutoramento en filosofía e psicoloxía, pola Universidade de Santiago.. Ademais, ten o doutoramento en filosofía, pola Universidade de Santiago.
No ano 1981 aprobou a agregaduría de filosofía en bacharelato e en 1982, a cátedra de filosofía de Bacharelato, por oposición libre.
Dirixiu e participou activamente na redacción e elaboración da revista escolar Caruxeira, dedicada á normalización do galego.
Publicacións
- No ano 2002 defendeu a súa tese de doutoramento en filosofía co título: Nacionalismo dispar: Ortega-Julián Marías versus Vicente Risco-Castelao, na Universidade de Santiago de Compostela, cualificada de Sobresalente cum laude polo Tribunal.
- Colaborou co traballo «Relaçons Galiza-Portugal em Castelao», na obra Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero, de homenaxe colectiva ao profesor ferrolán, Parlamento de Galicia e Universidade de Santiago, 2000.
- Ética e Filosofía do Dereito 1º Bach, Baía Edicións, 1996.
- DISCORRENDO, Filosofía de 1º de Bacharelato, Edicións do Castro, Sada, 1996.
- NOEIN, Historia da filosofía. (En colaboración), Xunta de Galicia, 1987.
- NOEMA, Iniciación á filosofía. (En colaboración), Ediciós do Castro, Sada, 1983 (Varias edicións).
- Desarrollo Humano. (En colaboración), Universidade de Santiago, 1981.
- Galiza, un pobo, unha lingua. Follas Novas, Santiago, 1980.
Traballos na revista AGALIA
- «Didáctica da filosofia», Nºs 7 e 10 de AGALIA.
- «Relaçons Galiza-Portugal em Antom Vilhar Ponte», nº. 38.
- «O dilema monarquía-república em Castelao», nºs. 63-64.