Infantil-Xuvenil Pola noite 978-84-9995-399-1 16,90 € Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A pita xefa 978-84-9995-381-6 15,40 € Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Ano: 2021 Nº de páxinas: 30 ISBN: 9788499953816 Ilustración: Seoane, Marina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Os globos de andar 978-84-96893-87-0 11,05 € Os globos de andar é unha historia que pon de manifesto as mellores cualidades da infancia dun xeito orixinal. A inocencia, bondade, confianza, solidariedade e esperanza, como algúns dos valores que marcan o deambular dos seus protagonistas. Ano: 2008Nº de páxinas: 96ISBN: 978-84-96893-87-0Ilustración: Calo, Marcos Engadir á cesta
Meiga Moira (+ de 8 anos) Sibila e a monstruosa festa do Samaín 978-84-9995-435-6 10,00 € Sibila e a monstruosa festa do Samaín é unha historia sobre os medos. Nace, por unha banda, do pánico dunha nai a transmitirlle á súa filla os medos herdados e, pola outra, vén da reflexión sobre a necesidade do medo nas crianzas como mecanismo de protección e de formación da propia personalidade. É, tamén, unha historia dos monstros do ideario... Engadir á cesta