Sibila e a monstruosa festa do Samaín
Sibila e a monstruosa festa do Samaín

Sibila e a monstruosa festa do Samaín

Lado, Marta
978-84-9995-435-6
10,00 €
IVA incluido

Baia Edicións

Sibila e a monstruosa festa do Samaín  é unha historia sobre os medos. Nace, por unha banda, do pánico dunha nai a transmitirlle á súa filla os medos herdados e, pola outra, vén da reflexión sobre a necesidade do medo nas crianzas como mecanismo de protección e de formación da propia personalidade. É, tamén, unha historia dos  monstros do ideario popular tradicional cun chisco de humor.

Ano: 2023
Nº de páxinas: 56
ISBN: 9788499954356
Ilustración: Carlos Lago

 

Como viven as familias vampiras? Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas preocupacións, medos e anceios? Que monstros herdamos do ideario popular?

Disto e moito máis trata a divertida historia de Sibila e a monstruosa festa do Samaín, que narra a visita dos parentes de Sibila ao cemiterio familiar da aldea para pasar tan sinalada celebración, momento que aproveita  a nena vampira para facer trasnadas que atemorizan a súa nai.

Tamén che podería gustar

11 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.