Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Os Tres Mosqueteiros 978-84-9995-226-0 16,55 € Tradución e adaptación ao galego de María Reimóndez do clásico do escritor francés Alexandre Dumas, cunhas ilustracións que aproximan visualmente unha época e uns singulares personaxes ao público ao que a obra vai dirixida. Os tres mosqueteiros introdúcenos nunha historia de traizóns, amizade, honor e deber ao Rei que se desenvolve no século XVII francés.... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O informe do empregado Mendes 978-84-92630-18-9 11,05 € É este un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo... Ano: 2009Nº de páxinas: 72ISBN: 978-84-92630-18-9Ilustración: LLorente, Fernando Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nin laranxa nin lila 978-84-96893-97-9 3,00 € Pedro vivía nunha aldea entre dúas montañas, a da aldea laranxa e a da lila, que se levaban a matar. Como non era de ningunha non tiña con que xogar, até que un día deu cunha meiga que lle regalou unha capa invisíbel e a partir de aí pasaron moitas cousas... Ano: 2008Nº de páxinas: 36ISBN: 978-84-96893-97-9Ilustración: Solà Ortega, Carme Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Os xemelgos de Outeiro 978-84-96893-94-8 3,00 € OFERTA! Nunha casa rural no alto dun outeiro vivían co seu avó dous xemelgos xoguetóns que nunca pisaran a escola. Cando se soubo a noticia, uns homes do concello viñeron a visitalos e a partir dese día as súas vidas cambiaron. Ano: 2008Nº de páxinas: 36ISBN: 978-84-96893-94-8Ilustración: Solà Ortega, Carme Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Ti tamén, Inés! 978-84-96893-93-1 3,00 € Ao edificio de Xeila chegou a vivir Inés, unha nena que andaba de aquí para alá vendendo cousas, recollendo olivas… e non ía moito á escola. Ano: 2008Nº de páxinas: 36ISBN: 978-84-96893-93-1Ilustración: Solà Ortega, Carme Engadir á cesta