Ofertas Entre o ceo e o mar 978-84-96526-31-0 11,05 € Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosista visión de Gwendolyn Luo busca a beleza detallista na vida cotiá do mar, dos mariñeiros e das xentes da beiramar. Ano: 2005Nº de páxinas: 126ISBN: 978-84-96526-31-0 Engadir á cesta
Ofertas Ananiños do bosque 978-84-96526-30-3 11,05 € O mundo dos cogomelos é un capricho natural. Admirando as fotos da taiwanesa Gwendolyn Luo semella doado sacarlle tanto rendemento visual ás marabillas micolóxicas que os galegos tan pouco tendemos a xantar. Ano: 2005Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96526-30-3 Engadir á cesta
Ofertas Terra e Nostalxia 978-84-96526-51-8 11,05 € Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida. Ano: 2006Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96526-51-8 Engadir á cesta
Ofertas Milagre da terra 978-84-96526-50-1 11,05 € Considerando o número de especies fotografadas, así como a súa diversidade, formas e cores representadas, parece que estamos diante dun pequeno tratado de botánica, onde podemos ver musgos, fungos, fieitos, plantas superiores (as máis numerosas) e até algún dos insectos relacionados co mundo vexetal. Ano: 2006Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96526-50-1 Engadir á cesta
Ofertas Breve historia da Coruña 978-84-96893-45-0 11,05 € Esta Breve Historia da Coruña pretende ser curta, manexábel e divulgativa. En nada busca ser exhaustiva nin comprensiva, porque non se poden esgotar nunhas poucas páxinas asuntos que xeraron polémicas sen conto. Ano: 2008Nº de páxinas: 128ISBN: 978-84-96893-45-0Ilustración: Graña Vázquez, Manuel (fotógrafo) Engadir á cesta
Ofertas Guía dos microorganismos das augas continentais 978-84-92630-59-2 16,55 € Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra. Ano: 2010Nº de páxinas: 360ISBN: 978-84-92630-59-2 Engadir á cesta