Guía dos microorganismos das augas continentais
Pérez Valcárcel, CarlosNesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.
Ano: 2010
Nº de páxinas: 360
ISBN: 978-84-92630-59-2
Nesta Guía, o autor preséntanos, con rigor científico e unha excelente calidade iconográfica, a gran variedade de microorganismos que viven nas augas doces continentais que tan abundantes son na nosa terra.
Non existe ningunha guía destas características, na que se engloben seres vivos pertencentes a cinco Reinos e inclúa unha clave de identificación dos máis frecuentes.
O libro comeza cunha parte xeral, que consiste basicamente na descrición dos Reinos e os seus respectivos Phylum, na que se indican os caracteres básicos para diferenciar os grandes grupos.
Inclúe, ademais, métodos útiles para o seu cultivo que permiten obter variedade e cantidade de individuos, o que facilita a súa visualización ao microscopio e unha clave de identificación inédita acompañada de máis de 200 debuxos feitos en exclusiva para este libro. A súa utilización facilita, xunto coas precisas descricións e as 450 fotografías orixinais do autor, o recoñecemento dos organismos que con maior frecuencia podemos encontrar nestes ambientes acuáticos.
Entrevista en La Voz de Galicia