Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Díaz Núñez, Celia
Nace no Páramo (Lugo) e axiña se traslada á vila de Quiroga. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, en Filoloxía Hispánica e diplomada en Maxisterio, reside en Ourense onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura en Ensino Secundario.
Publicacións
Narrativa
- Cataventos e Cía. Barriga Verde. Baía Edicións, 2008.
- Adeliña. I Premio Pura e Dora Vázquez de Creación Literaria. Deputación de Ourense, 2004.
Teatro
- Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta. II Premio Internacional Barriga Verde de Textos para monicreques (modalidade infantil) 2004.
Ensaio literario
- Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores. Concello de Quiroga-Deputación Provincial de Lugo, 1995.
Pasatempos
- Restra de letras. Xerais, 2002.
Libros de texto
É autora de libros de texto e cadernos de exercicios de lingua e literatura galega para ESO. Editorial Anaya.
Outros premios
No 2007 gañou o 1º Premio no XL Concurso “Breogán” de Contos convocado polo Centro Galego de Baracaldo, polo relato “Un tango na noite”.
Correo electrónico