Listaxe de publicacións da autoría ou ilustración Losada Cortizas, Sabela
Nada en Compostela, é experta en xénero, cooperación para o desenvolvemento e xestión cultural. Aos vinte anos marchou a Latinoamérica onde ten traballado para a cooperación galega, CIDEAL e a AECID, ademais de colaborar con organizacións de mulleres e os Festivais de Cine de Dereitos Humanos e de Cine Ambiental de Arxentina. É a creadora de Dalúa Libros onde ten publicado varios libros para crianzas e foi premiada no Certame Internacional Encarna León polo seu relato sobre a relación entre Rosalía de Castro e María Cardarelly, autora das súas primeiras fotografías. Foi parte de Mulheres Livres e outros colectivos, e ten escrito sobre rebelións populares en Sudamérica, identidade e autocoñecemento feminista, maternidade, crianza e educación libres. É nai de dous fillos e leva máis de quince anos vivindo arredor do océano Atlántico.
Vermella. I Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade. Baía Edicións, 2018.