Vermella
Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).
Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso... Foi un accidente?
Quen é a vítima?
Serán quen de resolveren este enigma?
Ano: 2018
Nº de páxinas: 26
ISBN: 9788499952987
Ilustración: Regos, Minia
Obra gañadora ex aequo do I PREMIO FINA CASALDERREY de literatura infantil pola igualdade (2018).
Tamén en VERSIÓN DIXITAL en diferentes plataformas.
Vermella saca á luz un tema tabú e pouco tratado na literatura infantil, como é o da menstruación desde unha perspectiva de indagación case que policial e de divertimento por parte da rapazada protagonista.
Igualmente, a historia consegue manter a súa intriga, mesmo coa axuda de trazos do humor natural característico do mundo infantil, na procura da orixe do móbil da investigación, que lle dá sentido á trama e que ten que ver coa propia e progresiva descuberta do corpo da nena.
***
Cando Flor atopa unhas pingas de sangue no cuarto de baño comeza, xunto con Leo, a investigación de tan estraño suceso… Foi un accidente?
Quen é a vítima?
Serán quen de resolveren este enigma?
Noticias de interese
- Temas
- Premios Fina Casalderrey