Mercado da Estrela: O espazo dos novos creadores galegos
Se tes que mercar algún agasallo e non tes moitas ideas o Mercado da Estrela pode ser a túa salvación. A vindeira fin de semana, o sábado 15 e o domingo 16 de 11 a 20 horas, o CGAC acollerá os traballos de novos artesáns, ilustradores, fotógrafos ou deseñadores de moda e complementos. Ademais, haberá concertos e gastronomía para completar este novídoso mercado de nadal.
The Puppy and The Pea, Zig-Zag, Fila retordre, FresaChocolate by Alice, Boo Patucos, Manuel Fuentes, InesLovesKids, Asuntos imaxinarios, Verónica Moar, Nuria Díaz, Buscando Sonrisas (Irene López Carro), Eventos en Papel, El Almacén De Burbujas, Nicanora, Lerole, Michimichiña ou KeChulo son algúns dos creadores que exporán e venderán os seus traballos no mercado. E en canto á música, o evento contará coas actuacións de Álex Casanova, Os Amigos dos Músicos e Los Árboles.
O Mercado conta tamén cun Espazo Solidario no que colectivos de voluntariado e cooperación local para mostrar o seu traballo, necesidades e focos de atención. Para completar a programación do Mercado os seus organizadores propoñen tamén unha serie de obradoiros creativos nos que poderán participar todos os asistentes.
Fonte: Praza