Historia da Filosofía 2º Bach.
Martínez Quintanar, Miguel Ángel
978-84-9995-432-5
48,00 €
IVA incluido
Baía Edicións presenta o texto de Historia da Filosofía 2.º Bacharelato, adaptado ao Decreto 157/2022, de 15 de setembro, polo que se estabelece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Mantemos a mesma secuencia de contidos que no currículo oficial, 18 temas organizados en 3 bloques, para facilitar o traballo administrativo de adaptación ás programacións PROENS.
Cada tema segue o mesmo esquema para facilitar a orga-nización do traballo nas aulas, de modo que:
- Empeza con unha obra de arte e texto para comentar, que permite situarse mentalmente e de forma intuitiva no contido do tema.
- Continúa co desenvolvemento teórico, que se combina con brevísismas biografías á marxe das filósofas en cuestión.
- Proponse de novo outra lámina e texto para facer un comentario guiado.
- Remata cunha proposta de elaboración dun proxecto, que pode consistir na crítica dun concepto ou feito, ou a creación dun texto filosófico propio.
- A maiores propoñemos unha serie de textos (na Aula virtual e no libro, os menos) por se alguén prefire usalos como complemento ou como base teórica da unidade.
Trátase de poñer á vosa disposición ferramentas para usar con liberdade e flexibilidade segundo os propios criterios pedagóxicos, facilitando un uso non dogmático do libro de texto.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 502
ISBN: 9788499954325
Cada tema segue o mesmo esquema para facilitar a organización do traballo nas aulas, de modo que:
• Empeza con unha obra de arte e texto para comentar, que permite situarse mentalmente e de forma intuitiva no contido do tema.
• Continúa co desenvolvemento teórico, que se combina con brevísismas biografías á marxe das filósofas en cuestión.
• Proponse de novo outra lámina e texto para facer un comentario guiado.
• Remata cunha proposta de elaboración dun proxecto, que pode consistir na crítica dun concepto ou feito, ou a creación dun texto filosófico propio.
• A maiores propoñemos unha serie de textos (na Aula virtual e no libro, os menos) por se alguén prefire usalos como complemento ou como base teórica da unidade.
Trátase de poñer á vosa disposición ferramentas para usar con liberdade e flexibilidade segundo os propios criterio pedagóxicos, facilitando un uso non dogmático do libro de texto.
Organización dos contidos:
Bloque 1. Da orixe da filosofía en Grecia até o fin da antigüidade
Tema 1. O xurdimento da filosofía occidental en Grecia: o paso do mito ao logos.
Tema 2. O século V, o esplendor de Atenas.
Tema 3. Platón.
Tema 4. Aristóteles.
Tema 5. A época helenística.
Bloque 2. Da Idade Media á modernidade europea
Tema 6. A asimilación do pensamento grego pola filosofía cristiá. Etapas de cuestións fundamentais na filosofía medieval.
Tema 7. O nacemento da modernidade europea.
Tema 8. O xiro epistemolóxico e o debate metafísico da modernidade.
Tema 9. A cuestión da orixe e fundamento da sociedade e o poder na modernidade.
Tema 10. A Ilustración como cumio da modernidade.
Tema 11. Inmanuel Kant.
Bloque 3. Da modernidade á posmodernidade
Tema 12. O cuestionamento do proxecto político da Ilustración desde o século XIX á actualidade.
Tema 13. A creba do pensamento filosófico occidental.
Tema 14. O xiro lingüístico na análise dos problemas filosóficos. Wittgenstein e a filosofía analítica.
Tema 15. O existencialismo.
Tema 16. O pensamento feminista desde a Ilustración.
Tema 17. A filosofía española no século XX: do raciovitalismo de Ortega y Gasset á razón poética de María Zambrano.
Tema 18. O pensamento galego no século XX.
Tamén che podería gustar