Quinto volume desta serie que fala dos escritores e escritoras que cambiaron o rumbo da Literatura coa achega de anovadoras técnicas narrativas, nomeadamente co emprego do monólogo interior e coa introdución da multiplicidade de perspectivas na presentación da realidade.
Ano: 2005
Nº de páxinas: 184
ISBN: 978-84-96128-52-1
Quinto volume dunha serie de Literatura Universal Contemporánea que fala dos escritores e escritoras que cambiaron o rumbo da Literatura coa achega de anovadoras técnicas narrativas, nomeadamente co emprego do monólogo interior e coa introdución da multiplicidade de perspectivas na presentación da realidade. Céntrase a atención en autores en lingua inglesa como James Joyce, Virginia Woolf, William Faulkner ou John Dos Passos, entre outros.
Propóñense como actividades, o comentario de varios textos narrativos, dramáticos e poéticos, seguindo as pautas empregadas nas unidades anteriormente publicadas. Recoméndase o conto Os mortos, de James Joyce, a novela A señora Dalloway, de Virginia Wolf, Térèse Desqueyroux, de François Mauriac e a obra teatral Seis personaxes en busca de autor, de Luigi Pirandello.
De grande utilidade tanto para o profesorado e o alumnado como para calquera persoa interesada en ter unha completa visión do máis destacado das renovacións literarias.