Infantil-Xuvenil Pola noite 978-84-9995-399-1 16,90 € Aínda que xa caeu a noite, non todo o mundo dorme na fraga. Os raposos cazan, as ras croan a todo meter, as formigas seguen co trasfego do día. As curuxas observan todas as actividades dende as alturas. Anímate a pasear de noite pola fraga e a escoitar os grilos co seu cri-cri-cri, os reiseñores a chiar e os lobos a ouvear. Coa mesma, descubrirás como se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Desmontando o corpo, construíndo a ciencia 978-84-9995-368-7 16,55 € Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo. Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres. Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo. Atréveste a seguir os seus pasos? Ano: 2021 Nº de páxinas: 48... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil A pita xefa 978-84-9995-381-6 15,40 € Gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2021) Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro! Ano: 2021 Nº de páxinas: 30 ISBN: 9788499953816 Ilustración: Seoane, Marina Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Madeira e metal 978-84-9995-365-6 14,35 € Aixa, unha nena de aldea, habilidosa e festeira, ten que marchar coa súa familia á cidade. A morriña, a lembranza permanente da aldea e a vida que nela se gozaba fan que busque a alegría a través da música. A partir de madeira e metal recupera os sons da terra, do ar e do lar que perdera ao chegar á cidade. Un conto que nos achega ao sentimento tan noso e... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Ana e a lúa lueira 978-84-9995-366-3 14,35 € Na beira do mar. No canto da Praia. Nunha casiña branca. Unha nena vivía. A nena tiña medo. Porque un ogro. Comela quería. Mais… A nena tiña una amiga. Que no alto vivía. Era a lúa lueira. Que de nai ela facía. Porque a nena mariñeira. A pobre, nai ela non tiña. Ano: 2021Nº de páxinas: 38ISBN: 9788499953663Ilustración: López Vázquez, Noemí Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil O arrecife de coral 978-84-9995-359-5 15,35 € Tradución: María Reimóndez. Peixes de cores, diminutos cabaliños de mar, polbos arteiros... son estes todos animais que viven no arrecife de coral. As mornas augas tropicais garanten o alimento e as fendas dos arrecifes, un acubillo perfecto. Mergúllate no mar e explora os recunchos do arrecife de coral. Bota unha ollada nas físgoas e descubre onde se... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca no camiño 978-84-9995-364-9 14,35 € A india Nube Branca atopouse cun crocodilo en cadeira de rodas que quería facer o Camiño de Santiago e non dubidou en axudalo a desprazarse. Así empeza esta aventura por vieiros cheos de diversidade, á que se unen a invidente toupiña Carmiña e o elefante Cacharrante. Xuntos vivirán incribles aventuras e descubrirán recunchos feiticeiros. Coñecerán... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nos furados das árbores 978-84-9995-349-6 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Por tobos e tobeiras 978-84-9995-348-9 19,85 € Tradución: María Reimóndez. Sabías que o raposo é un desastre, mentres que o teixugo é moi limpo e ata ten o seu propio baño? E que estes son os dous veciños que a miúdo comparten un tobo? Paréceche difícil de crer? Ven con nós botar unha ollada ao interior das cámaras misteriosas que se atopan ao pé de tocos e árbores caídas. Abriremos camiños... Engadir á cesta
Creación Literaria XelArias. Palabra á intemperie 978-84-9995-358-8 14,35 € A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. Ano: 2021Nº de páxinas:... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Nube Branca e o pingüín Valentín 978-84-9995-341-0 14,35 € Este conto, ao igual que Nube Branca quere ser astronauta, está deseñado para tecer actividades de estimulación da linguaxe oral en galego a través dunha historia apaixonante e entrañable, pensada fundamentalmente para divertir a esgalla ás nenas e aos nenos, ao que, sen dúbida, contribúe visualmente as ilustracións de Manuel Uhía. Ao poboado de Nube... Engadir á cesta
Infantil-Xuvenil Feminino singular, en plural 978-84-9995-340-3 14,35 € É ben sabido que a historia ten unha débeda coas mulleres. Moitas foron silenciadas, invisibilizadas ou agochadas por pertenceren a ese xénero tantas veces proscrito. É tempo de cambio, de erguer a voz, de devolverlles o que foi delas, de crear futuro e restaurar (na medida do posible) aquel pasado. É tempo de equidade. Por iso este libro, de xustiza... Engadir á cesta