O presidente da AGE participa en Expolinguas 2013

Manuel Bragado, director de Xerais e presidente da AGE, participa no programa de Expolinguas dentro da mesa redonda Editors specialized in emerging and lesser protected languages o día 7 de febreiro, xunto a Carles Torner, director da Área de Humanidades e Ciencias do Instituto Ramon Llull, cuxo obxectivo é a promoción internacional da cultura catalana, e da Asociación de Escritores en Lengua Catalana; Alix Horsch. Secretario do Intergroup Traditional Minorities National Communities and Languages; e Chusé Antón Santamaría, integrante del Consello da Fala Aragonesa e coordinador da sección de Linguas de Estudos Aragoneses. O evento celébrase en París.

Expolinguas

Expolinguas é un evento anual no que se dan cita institucións lingüísticas de todo o mundo co fin de favorecer o intercambio e a promoción da diversidade das linguas. Miles profesionais dos ámbitos da educación, da tradución, da edición, da creación e outros, visitan e participan cada ano no programa do evento.

Fonte: AGE

Foto: Expolingua. Photographer: David Ausserhofer , © ICWE GmbH