O silencio dos deuses
O silencio dos deuses

O silencio dos deuses

Lorenzo Tomé, José Carlos
978-84-92630-04-2
13,20 €
IVA incluido

En tempos do ascenso imparable das tecnoloxías da comunicación, nas que, fronte as súas vantaxes, descubrimos a coroza en que nos pechan empobrecéndonos e empobrecendo o mundo...

Ano: 2009
Nº de páxinas: 128
ISBN: 978-84-92630-04-2

 

En tempos do ascenso imparable das tecnoloxías da comunicación, nas que, fronte as súas vantaxes, descubrimos a coroza en que nos pechan empobrecéndonos e empobrecendo o mundo, reparar nas calidades da conversa, quizais nos permita encontrar algo no outro que aínda non atopamos na nosa experiencia do mundo.

Neste libro dialogan filósofos e narradores -rompendo o silencio dos deuses- sobre a condición finita e vulnerable dos homes. Con linguaxes diferentes, Homero, Sófocles, Voltaire, Cunqueiro e Conrad, pero tamén Kant, Aristóteles e Habermas,... e todos baixo a convicción de que a palabra só encontra confirmación pola recepción e aceptación do interlocutor, ofrecéndonos un cadro do universo humano en que Odiseo, o rei Arturo, Morgan le Fay, Huckleberry Finn, Lord Jim, Bagadouro e Tom Bombadil, entre outros, son os seus protagonistas.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.