A poesía oculta de Filgueira Valverde. Guerra Civil, literatura franquista e galeguismo n' O Gaiteiro de Lugo
A poesía oculta de Filgueira Valverde. Guerra...

A poesía oculta de Filgueira Valverde. Guerra Civil, literatura franquista e galeguismo n' O Gaiteiro de Lugo

Freixeiro Mato, Xosé Ramón
978-84-9995-161-4
14,20 €
IVA incluido

Baia Edicións

As páxinas que veñen a seguir deben ser vistas como un contributo ao mellor coñecemento da nosa historia cultural, literaria e mesmo lingüística, ben como unha tentativa de esclarecer un problema autorial a respecto duns textos concretos, e de ningún modo como un ataque a ninguén nin como un posicionamento persoal a respecto de que autora ou autor é máis merecente do recoñecemento social.

Ano: 2015
Nº de páxinas: 128
ISBN: 978-84-9995-161-4

 

As páxinas que veñen a seguir deben ser vistas como un contributo ao mellor coñecemento da nosa historia cultural, literaria e mesmo lingüística, ben como unha tentativa de esclarecer un problema autorial a respecto duns textos concretos, e de ningún modo como un ataque a ninguén nin como un posicionamento persoal a respecto de que autora ou autor é máis merecente do recoñecemento social. Loxicamente, non podo obviar que estamos no ano en que Filgueira Valverde é a figura a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas e que arredor deste feito se ten xerado algunha polémica na sociedade. Por iso mesmo, a responsabilidade das persoas dedicadas á investigación é tentarmos esclarecer a verdade relativa á vida e á obra das autoras e autores a quen se consagra ese día, para que a sociedade poida ter elementos suficientes para as mellor coñecer e valorizar.

Freixeiro Mato analiza a obra en SERMOS GALIZA.

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.