Libro que, de forma amena e rigorosa, introduce ás nenas e nenos no coñecemento do mundo dos réptiles, propoñendo, ao tempo, diversas actividades prácticas.
Ano: 2007
Nº de páxinas: 50
ISBN: 978-84-96526-75-4
Entra de cheo no mundo da ciencia grazas a esta fantástica colección de libros.
Fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecerte intrigantes detalles, xunto cun texto claro que che explica os feitos de moitos temas básicos. Os divertidos proxectos bríndante a oportunidade de aprender tanto na casa como fóra.
Deixa que Réptiles te leve a un mundo de descubrimentos!
* Coñece o lagarto máis grande do mundo.
* Observa de preto as escamas dun réptil.
* Examina as patas prénsiles da lagarta.
* Descobre por que cambian de pel as serpes.