A Fotografía 51
A fotografía 51 presenta, a modo de imaxes fixas na retina ou nunha cámara fotográfica, a vida, dilemas e reflexións en primeira persoa de Rosalind Franklin, o seu traballo e a ocultación machista padecida, quen malia ser a que logrou a famosa fotografía 51 da estrutura do ADN, non foi recoñecida co Nobel, que si recibiron dous homes cos que colaborara nas investigacións.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 88
ISBN: 9788499954219
Ilustradora: Paula Mayor
A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X.
Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así obtivo a denominada “Fotografía 51” determinante da estrutura da molécula do ADN.
Mais en 1951 as mulleres eran consideradas de pouco valor. Non se lles permitía nin acceder á sala do café da Universidade, reservada aos homes. Tratábanas como sombras, ocultando o traballo que desenvolvían.
Que pasaría coa autora da fotografía que propiciou un Nobel? Sería recoñecida?
Noticias de interese
César Lorenzo Gil inclúe "A fotografía 51" como recomendada no mes de abril no seu blog Biosbardia.
- Temas
- Divulgación científica
Feminismo
Historia de mulleres galegas