Boa Sorte
"Boa Sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo neste mundo foi nacer, e xa non lle saíu ben, porque Boa Sorte naceu de cu".
Ano: 2008
Nº de páxinas: 64
ISBN: 978-84-96893-30-6
Ilustración: Tomás, Xosé
VISUALIZA ALGUNHA DAS ACTIVIDADES DO LIBRO
Un libro onde Moira, Meiga Moira, convida a entrar no marabilloso mundo da ciencia e a experimentación. Se es deses que sempre buscan o porqué das cousas, ou a túa cabeza non deixa de argallar con novas ideas, está no lugar axeitado.
"Boa Sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo neste mundo foi nacer, e xa non lle saíu ben, porque Boa Sorte naceu de cu". Desde entón estar ao seu carón resultaba perigoso porque calquera cousa podía pasar. Todo foron desfeitas até que un día atopou unha explicación a tanta mala sorte... Pero mellor que a coñezas ti, lendo a súa historia. Inclúe divertidos proxectos!
Solucións ás investigacións do libro aquí.
Galería de imaxes da presentación de Boa Sorte.
Noticias de interese: A Nosa Terra, El Correo Gallego, Culturagalega.org, LG3 e Praza das letras.
- Temas
- Divulgación científica