Donas de nós
Donas de nós

Donas de nós

Gracián, Ánxela
978-84-9995-406-6
9,65 €
IVA incluido

Baia Edicións

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022

A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a  Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que  resulta moi conveniente para todos.

Ano: 2022
Nº de páxinas: 92
ISBN: 9788499954066
Ilustración: Romero, Laura

 

VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022

O xurado valorou na obra:

A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista.

Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal.

***

A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a  Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que  resulta moi conveniente para todos.

Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo.

Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia. 

 

Noticias de interese

Entrevista a Ánxela Gracián sobre o libro Donas de nós no xornal El Ideal Gallego.

Análise da obra Donas de nós por Manrique Fernández no blog O MEU ANDEL.

 

Temas
Feminismo
Premios Meiga Moira

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.