Morte en Kingston Road
Morte en Kingston Road

Morte en Kingston Road

Alcañiz Lorenzo, Carmen
978-84-9995-463-9
21,00 €
IVA incluido

Anos despois da morte da súa única irmá, Susan Clark segue tentando soportar a perda o mellor que pode. O baleiro que deixa Ruth é inmenso, e a vida de Susan é menos que ideal. Ás portas dos corenta, e estancada nun traballo que detesta, bota en falta o apoio da súa irmá, que era o piar da súa familia.

Desencantado co seu traballo, o detective Mike Solano está a piques de deixar o seu posto na comisaría de Thames Valley. Os seus compañeiros critican a súa falta de carácter, polo que antes do seu traslado a unha pequena cidade no sur do país, quere demostrarlles a todos, e a si mesmo, que segue sendo o brillante detective de outrora. Para iso, proponse resolver un caso que lle anda pola cabeza desde hai tempo: a morte da doutora Ruth Webber. Solano está convencido de que o que se considerou no seu día como un suicidio non foi tal e, para tratar de probalo, decide contactar con Susan Clark, a irmá pequena da vítima, e solicitar a súa axuda para reabrir o caso.

Ano: 2025
Nº de páxinas: 336
ISBN: 978-84-9995-463-9
Autoría: Carmen Alcañiz Lorenzo
Ilustración da cuberta: Marco Tripiana González

 

NOTICIAS DE INTERESE

Grande expectación na presentación do libro na Feira do libro da Coruña. La Voz de Galicia

Temas
Violencia

Tamén che podería gustar

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.