Un cadáver no ascensor. Unha veciñanza na que as aparencias poden enganar. Unha detective, Ana Candeán, forzada a colaborar no caso por compromiso. Unha baiuca de Compostela, o Artefacto Burbur, presidida por unha invocación en vegliota, lingua que xa ninguén fala.
No centro da novela o Conto da muller brava, que volve á memoria de Ana Candeán unha e outra vez, un conto popular que suxire maltrato. Novela negra, se por negra entendemos a violencia de xénero que a percorre.
En 2001 Marilar Aleixandre gañou con ela a primeira edición do Premio Novela por Entregas de La Voz de Galicia. Un texto que Baía recupera agora nunha edición ampliada.
Ano: 2022
Nº de páxinas: 140
ISBN: 9788499953892

Noticias de interese
Análise da obra Unha presa de terra por Manrique Fernández no blog literario O meu andel.
- Temas
- Feminismo
Violencia