Unha bebé escoita desde o inicio da súa xestación como a nai ten que responder da forma máis sorprendente a familiares e amizades as preguntas que lle fan sobre que vai ser ela unha vez naza. Tanto importa?
***
Obra gañadora do IV Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade (2023), polos motivos que indica o xurado:
E que vai ser? é unha historia divertida, contada en verso, que posibilita o diálogo entre a familia e as crianzas nas primeiras idades.
Empregando maxistralmente a linguaxe inclusiva e facendo un hábil uso do humor e a retranca, esta obra fainos reflexionar sobre os estereotipos de xénero que proxectamos nas e nos bebés desde o momento da concepción.
Cun final inesperado, E que vai ser? mantennos ao longo das súas páxinas un sorriso cómplice e esperanzado que nos fai repensar como nos enfrontamos aos estereotipos antes mesmo de nacer e lembra que somos persoas e non tanto xéneros.
Ano: 2023
Nº de páxinas: 30
ISBN: 9788499954349
Ilustración: Montes, María
Noticias de interese
Entrega do IV Premio Fina Casalderrey na Libraría Lila de Lilith, La Voz de Galicia.
A Xunta e Baía Edicións promoven a literatura infantil co Premio Fina Casalderrey, Xunta de Galicia.
Pilar Sampedro analiza a obra de Adelaida Vidal no programa 'Libros para as medras' do Ateneo de Santiago.
- Temas
- Feminismo
Premios Fina Casalderrey
Tamén che podería gustar