Baía Edicións rumbo á Feira de Fránkfurt
Brasil desembarca fachendoso en Fránkfurt, sabendo que protagoniza a feira do libro máis importante do mundo nun intre fundamental da súa historia, anos de recuperación identitaria, revolucións sociais, economía emerxente e moito, moito bagaxe de traballo intelixente para ser e estar no mundo. Máis de sete mil stands e 170.000 profesionais están acreditados na Feira do Libro de Fránfurt do ano 2013. Galicia conta cun stand de 16 m2 patrocinado pola Xunta de Galicia e no que se expoñen os libros dos editores que traballan este ano no evento: Baía Edicións, Hércules de Ediciones, Nova Galicia Edicións, Kalandraka e MCSport. A Asociación Galega de Editores leva concertadas diversas citas profesionais con asociacións de editores de diversos países, entre os que está a edición iraní.
Brasil total
A diversidade e a mestizaxe da súa cultura son as ideas centrais que Brasil quere exportar ao mundo e se reflicten tanto no lema co cal se presentan en Fránfurt: “Brasil, un país cheo de voces”, como no seu pavillón de 2.500 metros cadrados deseñado pola escenógrafa Daniela Thomas e o arquitecto Felipe Tassara. Arte, deseño, arquitectura, música, actividade intelectual, cultura popular e relación entre o patrimonio literario e o xeito de vida en Brasil, dixo Thomas. O programa brasileño complétase con 480 mostras, obras de teatro, ciclos de cine e recitais antes e despois da feira.
Fonte: AGE