Baía Edicións segue a completar recursos educativos da Aula Virtual
Co inicio do curso escolar 2013-2014 petando á porta, Baía Edicións continúa a traballar nos recursos educativos virtuales na Aula Virtual e dando de alta a novas usuarias e usuarios. Calquera pode visualizalos, sen necesidade de rexistrarte, a índa que para usar algúns deles si se necesita pasar un sinxelo rexistro en http://aulavirtual.baiaedicions.gal/
Como cada curso escolar, Baía Edicións apura a incorporación de novos recursos de utilidade nas aulas galegas. Neste curso 2013-2014 destacamos como novidade os referidos á materia de Lingua e Literatura Galega, de Economía e o referido ao Aproveitamento do cine para o ensino da Historia contemporánea, todo eles deseñados para Bacharelato.
Destacamos a variedade de contidos na nosa Aula Virtual, así podemos encontrar desde información sobre o contido do libro dunha materia determinada ao propio libro virtual, desde material complementario de ampliación e reforzo a propostas de actividiades, estas útlimas autocorrixibles ou para compartir na aula. Tamén se poderán ver ideas de programacións de materias, solucións a exercizos propostos nos libros en papel, etc. Sempre coa finalidade de favorecer a diversidade nas propostas de achegamento a unha materia determinada, o que redundará nunha maior calidade da nosa oferta educativa.
Non busques nesta aula unha proposta unidireccional de traballo, nin a solución á aprendizaxe, nin un deseño espectaular carente de contido, porque a Aula Virtual de Baía Edicións só pretende ser un lugar onde cada quen ten que elixir o que mellor se lle adapta á súa forma de ensinar e aprender.
Fonte: Baía Edicións