Roteiro internacional de contos en Pontevedra
A Concellaría de Cultura de Pontevedra promove o programa Sete falares do que se encargarán Charo Pita, Tim Bowley, Rosana MontÀlverne, Clara Hadda e Paula Carballeira.
Este encontro internacional de contadores de historias que se desenvolve baixo o título de Sete falares, vaise desenvolver en diversos lugares da cidade do Lérez durante a fin de semana do do 8, 9 e 10 de xuño. Anxos Riveiro explicou que se trata dunha actividade que terá como eixo a praza de España e que a xente atoparse cos contadores de historias mentres disfruta pola cidade do seu tempo de lecer. Tamén fixo un agradecemento á colaboración da Deputación de Pontevedra pola autorización para utilizar as ruínas de San Domingos como un dos escenarios destes contos.
Neste evento de dinamización lúdica e cultural participan contadores de historias galegos, de España, de Brasil, de Portugal e do Reino Unido en sesións de mañá e tarde. Os contadores de historias estarán tamén na Casa das Campás, na praza de Santa María, no Teatro Prinicipa e a bordo dun barco pola ría.
Fonte: AGE