Historia de España 2º Bach.
Historia de España 2º Bach.

Historia de España 2º Bach.

Alfeirán Rodríguez, Xosé e Romero Masiá, Ana
978-84-9995-430-1
48,00 €
IVA incluido

Baia Edicións

Os actuais estudos de bacharelato están rexidos pola Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, xuntamente co Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste contexto, o segundo curso de bacharelato ten unha connotación especial pola súa vinculación coas probas de acceso á Universidade. O novo modelo destas probas aínda non está definitivamente establecido, polo que nos movemos nunha situación de transitoriedade na que convén ir adaptando, tanto os materiais curriculares como os métodos do profesorado e do alumnado para afrontar un modelo de exame baseado, non tanto na aprendizaxe de contidos como na capacidade de abordar algún dos aspectos relacionados cos obxectivos ou competencias específicas de cada materia.

Para o caso da materia de Historia de España, e tendo en conta esta situación de cambio de modelo nun futuro próximo, optamos por presentar os contidos organizados por unidades temáticas na nosa liña habitual, pero tamén uns modelos, a modo de exemplos, de como poder abordar unha proba na que o alumnado teña que demostrar que adquiriu as competencias establecidas no currículo da materia. Deste modo, nas páxinas finais, preséntanse unhas opcións de como presentar uns materiais cos que traballar a longa duración por cada un dos obxectivos da materia de Historia de España.

Como estratexia de ensinanza-aprendizaxe, defendemos un que combina a aprendizaxe por recepción e por descubrimento. Así, a presentación dos contidos conxuga a información explícita para comprender os desenvolvementos dos feitos históricos coa reconstrución e verificación de parte da información por parte do alumnado mediante a lectura e comentario de numerosos documentos históricos que aparecen integrados no texto.

Por último, destacar a incorporación importante do papel da muller na conformación da nosa historia, nunha necesaria visibilización pendente.

Ano: 2023
Nº de páxinas: 512
ISBN: 978-84-9995-430-1

 

Organización e función dos contidos en cada tema:

1. Dobre páxina inicial da unidade con:

  • Título da unidade temática.
  • Relación dos contidos curriculares coas competencias específicas /obxectivos e cos criterios de avaliación.
  • Contidos da unidade.
  • Eixe cronolóxico correspondente ao período que abrangue o tema. Nas diferentes columnas reflíctense as etapas, réximes políticos e conflitos bélicos, así como os feitos máis destacados da historia de España e Europa. A súa finalidade é facilitar a comprensión diacrónica e a localización rápida das datas e feitos máis significativos.

2. Tratamento da información combinando:

  • Narración explicativa de acontecementos e situacións históricas elaboradas a partir de múltiples fontes de información consultadas.
  • Documentos históricos de variada tipoloxía que quedan incluídos no discurso narrativo como elementos de información, verificación ou descubrimento. O seu número é elevado para poder seleccionar aqueles que se considere que deben ser obxecto de comentario por parte do alumnado.
  • Información complementaria: ilustracións alusivas á temática tratada, definicións de conceptos e feitos históricos, curiosidades...

3. Dobres páxinas finais:

  • Son exemplos para abordar, con tratamento na longa duración, aspectos relacionados cos 8 obxectivos ou competencias específicas do currículo de Historia de España.
  • Obxectivo / competencia específica.
  • Selección de documentos para comentar.
  • Síntese e breves orientacións para a redacción final do comentarios.

Tamén che podería gustar

6 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.