Xeografía e Historia 1.º ESO
Xeografía e Historia 1.º ESO

Xeografía e Historia 1.º ESO

Brea Pedreira, Ana e Romero Masiá, Ana
978-84-9995-000-6
37,83 €
IVA incluido

Entendemos que o proxecto de Sociais 1º existente segue vixente, malia sobrarlle a unidade final, da que se pode prescindir. Debe ser traballado, como calquera dos textos novos que se presenten, coas modificacións metodolóxicas que atendan á avaliación segundo estándares de aprendizaxe, o que non suporá dificultade a maiores, pois o especificaremos mediante a programación na web na que se informará tamén dos obxectivos por competencias.

Ano: 2011
Nº de páxinas: 256
ISBN: 978-84-9995-000-6

 

Entendemos que o proxecto de Sociais 1º existente segue vixente, malia sobrarlle a unidade final, da que se pode prescindir. Debe ser traballado, como calquera dos textos novos que se presenten, coas modificacións metodolóxicas que atendan á avaliación segundo estándares de aprendizaxe, o que non suporá dificultade a maiores, pois o especificaremos mediante a programación na web na que se informará tamén dos obxectivos por competencias.

Do que si informamos é da necesidade de complementar o libro de 2º ESO, malia non poder cambialo por normativa legal, cos recursos que lles permitan acadar os estándares de aprendizaxe ao remate da ESO, que iremos poñendo nesta Aula Virtual.

As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.

A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática.

As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras.

O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación.

O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos.

Ao final da unidade van tres apartados: Traballamos con..., Lectura complementaria e Lembra e aplica.

Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.

MATERIAIS DA AULA VIRTUAL

Sociais de 1º de ESO dispoñible en formato elibro-galego. Venta na Plataforma elibro-galego.

6 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.