Obra gañadora do V Premio Fina Casalderrey de literatura infantil pola igualdade (2025)
Nas Cíes vivían moitos seres que desfrutaban das súas praias de area branca e augas cristalinas; desde sempre actuaban como xefas as gaivotas patiamarelas… pero non todas, só os machos, que se vían coma un exército formado por soldados e mandado por xenerais!!! Pero para a píllara Noa e os seus amigos Xan o ourizo e a gaivota Saínza esa situación tiña que cambiar, pero xa! Había que acabar coa tiranía dos xenerais! Tras conseguir que se celebrara unha asemblea en territorio neutral, todos os animais das illas acordaron que a partir dese momento todas as decisións se tomarían en conxunto… E ningún dos xenerais foi quen de abrir o peteiro para protestar.
Ano: 2025
Nº de páxinas: 28
ISBN: 978-84-9995-471-4
Ilustracións: Blanca Millán
Tamén che podería gustar