Cada un dos poemas deste libro continúan, dalgún xeito, aquel "Perfil cósmico para tres voces e unha terra" de GALICIA FONDO VAL, no que me identifiquei con Rosalía, con Celso Emilio e con Otero Pedrayo.
Ano: 2006
Nº de páxinas: 108
ISBN: 978-84-96526-71-6
Perfís e poéticas é un variado florilexio en tres tempos: Poética da palabra, Poética da ollada e Poética do espazo, unidos por un eixe común, que xa é constante na miña poesía, e que é o sentimento de cosmicidade, expresado aquí en homenaxe a un grupo de poetas, artistas plásticos e homes de pensamento, cuxas creacións me axudaron a abrir as leiras do sentido e a albiscar as múltiples e sempre metamórficas facianas da realidade, os poliédricos ángulos desde os cales é posíbel ollar o ser, especialmente o ser da poesía. (...)
Cada un dos poemas deste libro continúan, dalgún xeito, aquel “Perfil cósmico para tres voces e unha terra” de GALICIA FONDO VAL, no que me identifiquei con Rosalía, con Celso Emilio e con Otero Pedrayo e que agora se abre, en variada polifonía, coma unha oda coral na que canta o inmorredoiro espírito do genius loci da nosa marabillosa e melodiosa terra.