Ela, piedade dos suicidas
Ela, piedade dos suicidas

Ela, piedade dos suicidas

Lama, Xavier
978-84-9995-160-7
5,20 €
IVA incluido

Baia Edicións

Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal.

Ano: 2015
Nº de páxinas: 56
ISBN: 978-84-9995-160-7

 

Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014.

Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras e, quizais, mómaros.

O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no contorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepción coherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidoras do mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máis infernal: o do alén ou o dunha “vida” que aniquilou a Eurídice por sobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos son quen a redimirnos. E grazas.

Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambicioso conseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestes tempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos.

A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe.

Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple pretexto ou produto subordinado.

 

Temas
Premios Barriga Verde

Tamén che podería gustar

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.