Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida.
Paleta Planeta traballa o gusto polo xénero poético, a conexión entre as artes, un cosmopolitismo nada eurocentrista, a identificación das propias emocións e a súa expresión a través de linguaxes creativas.
Ano: 2021
Nº de páxinas: 34
ISBN: 978-84-9995-380-9
Ilustración: Tomás, Xosé
Yolanda Castaño e Xosé Tomás van un paso máis alá co seu último traballo conxunto, unha proposta tan artisticamente avanzada como Paleta Planeta. Antes do que imaxinado, este libro foi vivido ao longo das múltiples viaxes e experiencias dos seus autores. Tratan nel o universo das cores abordando as súas dimensións psicolóxica, física e cultural: atravesando a experiencia sinestésica e debullando as diversas capas de significado edúcase a sensibilidade visual, creativa e emocional.
Microhistorias nas que desaparecen os límites físicos da realidade: en cada unha destas composicións oníricas crean pequenos mundos autónomos capaces de reunir elementos tanxibles e intanxibles nun mesmo lenzo, mentres reflicten o seu amor á natureza, o pacifismo, o interese por outras culturas ou a súa paixón pola vida.
Paleta Planeta traballa o gusto polo xénero poético, a conexión entre as artes, un cosmopolitismo nada eurocentrista, a identificación das propias emocións e a súa expresión a través de linguaxes creativas.
NOTICIAS
Presentación do libro Paleta planeta neste magnífico VÍDEO. Voz de Yolanda Castaño e ilustracións de Xosé Tomás.
Paleta Planeta entre os recomendados na Tabela de libros de novembro de 2021.
Gran análise do libro de Yolanda Castaño e Xosé Tomás no blog Lecturafilia.
Entrevista a Yolanda Castaño sobre o libro Paleta planeta no xornal Nós Diario.
Paleta planeta tamén no Galicia Confidencial.
Yolanda Castaño e Xosé Tomás na libraría Berbiriana, no xornal La Voz de Galicia.
Análise da obra Paleta planeta no blog Trafegando Ronseis.