Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites.
É un gran amante do mar, ten incluso un barco veleiro propio. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar.
Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece.
Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro.
Ano: 2020
Nº de páxinas: 244
ISBN: 9788499953366
Gañadora da 2.ª Edición do Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2019).
Gañadora do VI edición Premio Follas Novas do Libro galego na sección “Xuvenil” (2021).
O xurado destacou sobre a mesma: Trátase dunha novela redonda, moi dura, que retrata a sociedade actual onde a violencia, o machismo, a droga, o maltrato, o acoso escolar, a manipulación mediática, os poderes fácticos, e, sobre todo, o desamor ou desafecto se xuntan nun cóctel destrutor no que se ve atrapado o lector.
Cibrán Ulloa ten todo canto un rapaz de dezaseis anos puidera desexar: é fillo único dunha respectada familia da alta sociedade, vive nunha magnífica mansión, estuda nos mellores colexios privados, viaxa cos seus pais a países exóticos, visita praias paradisíacas, ten teléfonos e ordenadores dotados coa última tecnoloxía e recursos económicos sen límites.
É un gran amante do mar, ten incluso un barco veleiro propio. Malia todo iso, non quixeras estar no seu lugar.
Cando Iria Fraga chega ao centro de menores Monteorellán para facer un informe pericial psicolóxico sobre o rapaz, despois de que este cometese un delito, descubre que nesta historia nada é o que parece.
Cibrán Ulloa vive nunha brillante burbulla dourada, pero no seu interior arde un lume moi negro.
Noticias relacionadas
Recomendación de Armando Requeixo no Diario Cultural. A partir do minuto 18.
Crítica do libro O mal querer no blog Ferradura en tránsito II.
Comentario da obra O mal querer no blog O meu andel.
Análise da obra O mal querer no Faro de Cultura, do Faro de Vigo, a cargo de Pilar Ponte.
Recomendación en RadioOleiros da obra O mal querer. AQUÍ.
- Temas
- Violencia