Berrogüetto inicia na Coruña a súa Xira de andar por casa
Unha Xira de andar por casa é a proposta de Berrogüetto para estas festas. Os sete membros do grupo “poñen batín e zapatillas” para unha serie de sete concertos que serán, por vez primeira na carreira do grupo, integramente acústicos. Ademais do seu repertorio propio, interpretarán cantos de Nadal nun proxecto que pretende buscar o achegamento co público. As entradas, xa á venda, cubrirán todos os custes da xira. O Teatro Colón da Coruña abre o día 22 a iniciativa, que seguirá por Lugo o 23, Santiago o 27, Ourense o 3 de xaneiro, Vigo o 4 e Narón o 12.
Tamén a coincidir con estas datas, o grupo dará un concerto didáctico na Cidade da Cultura na tarde do vindeiro día 21, a coincidir coa programación de Nadal do Gaiás.
Fonte: Culturagalega