Pois eu!
Pois eu!
Pois eu!
Pois eu!

Pois eu!

Losada Galiñáns, Carlos
978-84-9995-369-4
14,00 €
IVA incluido

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Co-edición con Agadic.

A compañía de monicreques está no medio do pase xeral dunha peza ambientada na vila da Costeira alén dos sete mares, pola que pululan catro reis avarentos sen medida e o seu dragón recadador de trabucos que aterra un Pobo da Costeira desesperado polos abusos. Un cabaleiro andante amante da paz que non pode separarse dunha espada máxica, un corcel da cor dun limón maduro farto de coñecer o futuro e que quere ser libre. E entre as bambolinas un monicreque disposto a todo para que respecten a súa identidade de xénero.

Ano: 2021
Nº de páxinas: 68
ISBN: 9788499953694
Ilustración: Alvarellos, Mateo

 

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade infantil). Co-edición con Agadic.

O xurado destacou en Pois eu! a calidade da escrita dramática, na que os monicreques son os verdadeiros protagonistas, e o tema central reflicte a súa capacidade para levar adiante unha ficción teatral mediante o xogo escénico imaxinativo e eficaz coas convencións e a súa relación tanto co personaxe que dirixe coma co público. Nunha estrutura complexa pero coherente, esta proposta metateatral artella diferentes tramas que, con gran sentido rítmico, remiten desde ao fantástico nos ecos da tradición artúrica, ata a unha sutil sátira política. A inclusión do tema da identidade de xénero foxe de didactismos e intégrase no conflito de maneira transversal. Cabe resaltar tamén, entre outros aspectos, a vontade de que resoe a lingua medieval nalgúns diálogos, os referentes á cultura popular galega de diferentes épocas e o innegable sentido do humor, tanto nas situacións coma nas réplicas.

 

***

A compañía de monicreques está no medio do pase xeral dunha peza ambientada na vila da Costeira alén dos sete mares, pola que pululan catro reis avarentos sen medida e o seu dragón recadador de trabucos que aterra un Pobo da Costeira desesperado polos abusos. Un cabaleiro andante amante da paz que non pode separarse dunha espada máxica, un corcel da cor dun limón maduro farto de coñecer o futuro e que quere ser libre. E entre as bambolinas un monicreque disposto a todo para que respecten a súa identidade de xénero.

Temas
Premios Barriga Verde

Tamén che podería gustar

16 produtos máis na mesma categoría:

O produto engadiu a lista de desexos

Utilizamos cookies propias e de terceiros con finalidades analíticas. Podes aceptar todas as cookies pulsando o botón “Aceptar”. Para máis información podes visitar a nosa política de cookies.