Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do Concello de Viveiro (2023).
A fuxida conta a historia de Sumailla e a súa familia andina, pero non só, pois, como apunta o xurado “ensambla a historia colonial coa realidade galega da emigración desde unha visión crítica, abordando cuestións como a desigualdade social, o abuso de poder, a familia ou a amizade. É unha novela de protagonismo feminino que incide na necesidade dos lazos de sororidade para enfrontar as situacións máis difíciles da vida dos personaxes”, ao que engadimos que é unha alegación contra o racismo.
Ano: 2024
Nº de páxinas: 168
ISBN: 9788499954479
Imaxe da cuberta: Ana Mercedes Hoyos: Palenqueras de noviembre, 2000 (detalle).
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Noticias de interese
- Manrique Fernández inclúe no seu espazo 'O meu Andel' a obra de Cristina Rey, A fuxida.
- Análise da obra no Diario Cultural.
Tamén che podería gustar