Imaxinade un tempo remoto no que o mar lle declarou a guerra á terra. Esta, sorprendida polo ataque, mostrouse incapaz de frear o pulo das augas... Así morreu a terra coñecida e naceu Norocai...
Ano: 2005
Nº de páxinas: 160
ISBN: 978-84-96526-18-1
Ilustración: Parra Moracho, Beatriz
VISUALIZA UN CAPÍTULO DO LIBRO
Pechade os ollos e imaxinade un tempo remoto, perdido na memoria dos astros, no que o mar lle declarou a guerra á terra, a súa eterna inimiga. A terra, sorprendida polo inesperado ataque de quen tras tantos anos de paz cría xa o seu aliado, mostrouse incapaz de frear o pulo das augas... Así morreu a terra coñecida e naceu Norocai, un náufrago a piques de afogar pero aínda coa esperanza posta no rescate.